Está sen luz parte do casco urbano dende ás 15:30 horas deste mércores
Ecos da Comarca/Lalín/ACTUALIZACIÓN 18:00 HORAS.
Uns 800 clientes de parte do casco urbano de Lalín atópanse sen luz dende hoxe ás 15:30 horas. Tal e como informa a empresa encargada do servizo, Naturgy, esta incidencia débese a unha avaría nun tramo de liña subterránea de media tensión.
Naturgy informou (ás 17:49 horas) que quedou restablecido todo o servizo ás 17:33 horas.
Comments