top of page

Unha antiga construcción en ruínas fronte á Capela de Santo Domingo, en Dozón, será área de descanso para peregrinos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A actuación será posible grazas a unha axuda de Turismo de Galicia de 30.000 euros


Ecos da Comarca/Dozón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este xoves a contorna da Capela do Alto de Santo Domingo, en Dozón. Alí o concello pretende derribar unha antiga construción en ruínas fronte á capela, para instalar unha zona de descanso que será utilizada principalmente polos peregrinos da Vía da Prata.


A actuación será posible grazas a unha axuda de Turismo de Galicia de 30.000 euros que se encadra dentro das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O delegado territorial aproveitou tamén para visitar os resultados das obras de mellora da contorna do mosteiro de San Pedro de Vilanova, que foron realizadas grazas á convocatoria do ano pasado.

O Mosteiro de San Pedro de Vilanova. Autor: Ecos da Comarca.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

A convocatoria deste ano conta cun orzamento de preto de dous millóns de euros en toda Galicia, que beneficiará a un total de 66 concellos, nove deles na provincia de Pontevedra.

Acompañado polo alcalde de Dozón, Adolfo Campos, Reguera felicitou ao alcalde pola decisión tomada que “de seguro mellorará a imaxe da zona”. Pola capela situada no Lugar de Santo Domingo, na parroquia de Sanguiñedo, pasan a diario decenas de peregrinos que grazas a esta obra poderán “pararse a descansar e gozar das vistas e da natureza deste concello”.


0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page