Laura Moure/Touro
O Concello de Touro organiza distintas actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Entre as iniciativas figuran unha andaina, teatro e a entrega de libros e xogos sobre a igualdade ao alumnado do municipio.
Así o día 10 terá lugar a II Andaina No Camiño da Igualdade. A saída será ás 9:30
horas dende o campo da festa de Ponte Ulla con chegada á Susana. Cabe destacar
que o itinerario orixinal desta actividade tivo que ser modificado debido ao estado
intransitable dos camiños á beira do río Ulla por mor das choivas.
Será de 14 quilómetros e haberá autobús de volta. Os interesados en participar
poden inscribirse ata o 7 de marzo a través do seguinte enlace:
https://forms.gle/HsNZYFCnxrar2DLy8 ou chamando directamente aos Concellos de
Touro, Boqueixón ou Vedra.
Publicidade
Por outra banda, o día 12, representarase no CPI Fonte Díaz de Touro a obra de
teatro E ti, que queres ser de maior?, un contacontos sobre a igualdade de Trémola
Teatro. Haberá dous pases e o primeiro comezará ás 10 horas. No cole de Yoli
falaron das profesións. Os seus compañeiros e compañeiras empezaron a falar do
que querían ser de maiores. Futbolista! Tik Toker! Médico! -Pois eu quero ser
camioneira!!. Dixo Yoli.-Camioneira? – Yoli quere ser camioneira! Os seus
compañeiros explicáronlle que iso é un traballo de mozos. Pero a ela dálle o
mesmo, quere ser camioneira e percorrer o mundo enteiro.
Publicidade
Por último, entregáronse libros e xogos que abordan a igualdade no CPI Fonte
Díaz e no Punto de Atención á Infancia (PAI). Levan por título Os Bolechas. En
Touro somos iguais e Os Bolechas. Touro en igualdade. Coñece o teu concello.
Comments