top of page

Un youtuber uruguaio con máis de 200.000 subscritores en YouTube visita Touro

Gastón Marrota chegou a este concello convidado pola empresa local Patrimonea e xa recorreu distintos lugares como Machu Picchu peruano ou a Patagonia arxentina


Laura Moure/Touro

Darío Rey da empresa local de Touro Patrimonea convidou a Gaston Marotta, un dos mellores youtubers de viaxes de España que acumula case 40 millóns de reproduccións en YouTube, a coñecer Touro durante unha xornada.

ree

Gastón é un youtuber uruguaio con residencia en Valencia que se fixo coñecido polos seus vídeos ao redor do mundo. Recorreu dende o Machu Picchu peruano ou a Patagonia arxentina até aldeas solitarias no levante español en busca de historias e paisaxes para amosar aos seus seguidores. Na actualidade conta con 212.000 subscritores en YouTube e 40 millóns de reproduccións en total, con vídeos que alcanzan 2,7 millóns de visitas. "Unhas cifras que demostran o alcance que ten o seu traballo e o impacto que pode supoñer para unha zona como Touro en termos de posicionamiento turístico e visibilidade", resalta Rey.

Durante a súa visita puido coñecer lugares como a carballeira de Brandelos e os seus baños mineromideciñais, o mirador de Pena, o Pozo do Pego ou as rutas de sendeirismo que atravesan este concello. Aproveitou a súa estancia en Touro para xantar na Taberna de Castro en Cornado e para coñecer o Pazo de Andeade, un lugar que o deixou impresionado pola súa beleza. Antes de marchar tamén tivo tempo para visitar o mirador do Coto de San Sebastián en Loxo e para acercarse a aldea da Toxa, onde fixo un pequeño tramo do camiño histórico a Santiago.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Gaston destacou a beleza natural deste concello e considera que é un lugar cun forte potencial turístico por todo o que atesoura, comparándoo con lugares de recoñecido prestixio como as Fragas do Eume. Sinalou que a súa proximidade a Compostela é un punto a ter en conta. Nos próximos días subirá o vídeo á súa canle de YouTube ( https://youtube.com/c/GastonMarotta) nunha reportaxe na que centrará a maior parte do contido no concello tourense.


Gaston acordou con Patrimonea volver nun futuro próximo e seguir explorando Galicia en proxectos conxuntos

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page