top of page

Un xogador da Escola de Fútbol de Lalín evacuado en helicóptero durante un partido en Carballo

O rapaz do equipo infantil sufriu un choque contra outro compañeiro, pero xa está fóra de perigo


Ecos da Comarca/Lalín

Este sábado a Escola de Fútbol de Lalín pasou un mal trago no partido disputado nas Eiroas (Carballo). No minuto 38 o xogador do equipo infantil Diego Toimil chocaba no aire cun compañeiro destabilizándose na caída e quedando conmocionado no terreo de xogo, tal e como informa a EF Lalín a través das súas redes socias.


A sorte foi que no lugar se atopaba unha médica xinécologa, nai dun xogador, que interviu ao momento. Despois foi atendido polos servizos desprazados e foi evacuado de inmediato en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). "Todo isto axudaron a que Diego se atope fóra de perigo e salvo novidades, pasará nas seguintes horas a observación", sinala a Escola de Fútbol de Lalín.

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Autor: Ecos da Comarca

Hozzászólások


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page