
Un voluntario de Protección Civil de Agolada retira un enxame de abellas xunto ao Consistorio
O incidente saldouse sen danos persoais

O voluntario de Protección Civil retirando o enxame.
Laura Moure/Agolada
Sobre ás 13:30 horas deste luns un grupo de abellas sorprendeu aos veciños que se atopaban nas inmediacións do Consistorio agoladés. O alcalde do municipio, Luís Calvo, avisou inmediatamente a Protección Civil para evitar que ninguén fose picado e resolver canto antes esta incidencia.
Un dos voluntarios, gran coñecedor da apicultura, personouse no lugar e en cuestión de minutos conseguiu meter ao enxame nunha colmea. O incidente saldouse sen ningún dano persoal, pero non deixou de ser un feito curioso e comentado polos veciños que se atopaban no lugar.