top of page

Un vehículo sofre unha saída de vía en Agolada e impacta contra unha farola

O suceso tivo lugar na PO-840 e saldouse sen feridos


Ecos da Comarca/Agolada

Unha das saídas do casco urbano de Agolada rexistrou este sábado pola noite un accidente. O suceso ocorreu ao redor das 22:00 horas na PO-840 (na estrada dirección Melide).


O vehículo saíuse da vía e acabou empotrándose contra unha farola que debido ao impacto caeu ao chan. Ao lugar, desprazáronse efectivos de Protección Civil de Agolada. Por sorte, só houbo que lamentar danos materiais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page