Un vehículo sofre un accidente tras atropelar unha vaca en Dozón
- ecosdacomarca
- 8 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Foi o propio condutor o que avisou ao 112 Galicia e el atópase ben, mentres que o animal faleceu
Ecos da Comarca/Dozón
O 112 Galicia recibiu unha chamada este luns, ás 18:46 horas, dun particular que alertaba que acaba de atropelar a un animal. O suceso ocorreu na N-525, no carril sentido Ourense, á altura do municipio de Dozón, tal e como informa o 112 Galicia.
Ao condutor non lle pasou nada, pero o animal, unha vaca, faleceu e quedou ocupando parte do carril. O 112 Galicia avisou ao GES de Lalín, aos Axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento de estradas.

Comments