Unha persoa quedou ferida leve debido ao impacto
Ecos da Comarca/Santiso
Este domingo, sobre ás 21:15 horas, un particular avisou aos xestores do CIAE-112 para alertar que acaba de sufrir un accidente tras atropelar a dous animais. "Indicounos que en principio pensaba que se trataba de dous cans", sinala o 112 Galicia.
O suceso tivo lugar na estrada AC-840 que enlaza Santiso e Agolada, preto da ponte que divide ambos concellos, e obstaculizou o tráfico. O 112 Galicia mobilizou unha ambulancia do 061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Comments