top of page

Un vehículo envorca na tarde de onte na parroquia de Foxás de Abaixo, no concello de Touro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

O accidente tivo lugar nas inmediacións da vivenda número 2 desta parroquia

IsmaelRS/Touro

Onte pola tarde sobre as sete e media produciuse unha saída da vía, que rematou co envorco dun vehículo na parroquia de Foxás de Abaixo (Touro). Viaxaban no turismo dúas persoas, que resultaron feridas leves como consecuencia dos feitos. O suceso tivo lugar á altura da casa nº2 desta aldea. Os mesmos implicados foron os que deron a voz de alarma o 112 Emerxencias, na mesma chamada comentaron que estaban feridos leves e xa estaban fóra do vehículo. Acto seguido, Urxencias do 112 comunica os feitos ao equipo de Emerxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil do municipio. Protección Civil confirma ao 112 que os feridos son leves e xa recibiron as curas no mesmo lugar dos feitos, sen que sexa necesario trasladalos.

Foto Arquivo

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page