Un vehículo envorca ao saírse da vía no concello de Melide
- IsmaelRS
- 13 jun 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Melide

Temos que dar conta de un segundo accidente en menos de 24 horas, a tan só 1 km do fatídico accidente de onte pola tarde, na estrada AC-840 á altura de Trasmundi, no municipio de Melide.
Na madrugada de hoxe produciuse un accidente no que só se viu implicado un único turismo, que tras chocar contra o quitamedos da estrada, quedou envorcado na cuneta. A voz de alarma, tal e como comenta o 112 Emexencia, deuna o equipo local de protección civil.
Nesta ocasión, os danos son só materiais, quedando en bo estado os ocupantes do vehículo.
O turismo aínda o estaban retirando hoxe a media mañá. Ao lugar acudiu a Garda Civil de Tráfico, que se encontraba regulando a circulación mentres un guindastre retiraba o vehículo da cuneta.
Cómpre sinalar que a menos de 100 metros a semana pasada tamén se produciu outro accidente, no que se viu implicado un camión que transportaba produtos alimenticios.
Ante a cantidade de accidentes en tan pouco tempo, dende o equipo de Ecos da Comarca queremos salientar que é máis necesario que nunca respectar en todo momento as normas de tráfico, para evitar na medida do posible todos estes sucesos.

NOVAS RELACIONADAS:
Morre un mozo nun accidente en Melide tras chocar contra o muro dunha casa (onte)
Un camión envorca no concello de Melide (fai 6 días)
Hozzászólások