O incidente tivo lugar na parroquia de Vilachá
Ecos da Comarca/Touro
Un veciño de Touro dirixíase ao seu posto de traballo sobre ás cinco horas deste xoves cando se lle cruzou no seu camiño un porco teixo, ocasionándolle danos materiais no seu vehículo.
O condutor non puido facer nada por esquivalo e acabou atropelándoo. O suceso tivo lugar na N-547 á altura do lugar de Vilachá, na parroquia de Pereira (O Pino).
Por sorte, o accidente saldouse só con danos no coche, sobre todo na parte frontal, xa que incluso caeulle a matrícula e rompeulle a defensa por varios sitios.
Comments