Un veciño de Touro evacuado en helicóptero ao C.H.U.S
- IsmaelRS
- 13 jun 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Touro

Unha persoa foi evacuada no helicóptero medicalizado que os servizos sanitarios derivaron ata a Pousada, en San Pedro de Ribeira, no municipio de Touro.
Tratouse dun accidente cunha máquina agrícola nunha casa particular. Ás once e media de hoxe, os servizos sanitarios comunicaban a saída da aeronave con base en Santiago para evacuar a unha persoa ferida tras accidentarse coa máquina que manexaba.
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil.
Polo momento son todos os datos cos que contamos.
Comentarios