Un veciño de Silleda cae co seu coche pola ponte vella da parroquia de Taboada
- ecosdacomarca

- 3 sept 2021
- 1 Min. de lectura
Saíu polo seu propio pé e non presentaba feridas de gravidade
Ecos da Comarca/Silleda
Este xoves, sobre as 13:30 horas, rexistrouse un accidente en Silleda. En concreto, un mozo do municipio precipitouse ao río co seu vehículo dende o ponte vella de Taboada.
A pesar da altura dende a que se produciu o sinistro, o condutor e único ocupante saíu polo seu propio pé e as súas feridas non revestían gravidade. Onte pola noite o coche continuaba no río, pasando desapercibido entre a gran maleza que hai no lugar.







Comentarios