Un veciño de Dozón insta á Deputación a desbrozar as marxes da estrada EP-6106 ao seu paso polo Sisto
- ecosdacomarca
- 21 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón

O veciño de Dozón Mario Vila cuestiona o estado que presentan as marxes da estrada EP-6106 pertencente á Deputación de Ponteveda, ao seu paso polo Sisto, en Dozón. Ademais, sinala que non é a unica.
Publicidade
"Achego imaxes recentes onde se ve como as marxes da estrada de titularidade provincial de Pontevedra EP-6106 segue sen desbrozarse provocando un risco aos usuarios da vía ao estar esta invadida xa pola vexetación dende semanas atrás. Dende que mudou a presidencia ao Partido Popular, o seu mantemento está mermado e xa nin existen canles que permiten recoller as augas pluviais. O problema viario agrávase coa persistentes choivas torrenciais deste ano", lamenta.
Publicidade
Así mesmo, Vila subliña que "o caso desta vía non é excepcional xa que as outras vías en Dozón que dependen da Deputación de Pontevedra están nas mesmas condicións".
Comments