top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un tren de pasaxeiros chocou contra unhas árbores no Vicedo

Ecos da Comarca/Xeral

Un tren de pasaxeiros chocou contra unhas árbores no Vicedo sen rexistrarse danos persoais, tal e como informa o 112 Galicia. Cubría a ruta entre Ferrol e Oviedo e a bordo viaxaban oito pasaxeiros e o maquinista, que resultaron ilesos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pasaban poucos minutos do mediodía cando o 112 Galicia tivo constancia do acontecido, a través do persoal de seguridade de ADIF. Naquel momento, explicaban que o tren colidira contra unhas árbores á altura da parroquia San Miguel de Negradas, e que polo menos unha delas quedara enriba do convoi.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ao mesmo tempo, desde ADIF comunicaban que o seu persoal encargaríase da retirada dos obstáculos e de remolcar o tren, tarefas que levan a cabo nestes momentos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page