top of page

Un traballador foi evacuado en helicóptero tras caer dun tellado en Agolada


IsmaelRS/Agolada

Foto de Arquivo

Un operario foi evacuado de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago debido ás lesións provocadas por unha caída de altura no concello pontevedrés de Agolada.


Nun primeiro momento indicaron que se trataba dun traballador de Melide, pero finalmente confirmaron que é veciño do municipio de Agolada.


Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, o ferido, un operario que realizaba traballos nunha casa localizada na Rúa Nova, precipitouse desde o tellado, o que lle provocou feridas de diversa consideración. Así o relatou o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que contactou co 112 ao fío das 09:35 horas da mañá de hoxe para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o punto.


Co fin de prestar apoio e respaldo ao persoal médico, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos membros de Protección Civil de Agolada, así como dos axentes da Garda Civil co fin de coñecer todos os detalles relacionados con este accidente dentro do ámbito laboral.


Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos do GES de Lalín por se fose necesaria a súa colaboración.


















































Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page