Ecos da Comarca/Lalín

Este mércores tivo lugar un accidente laboral nunha empresa situada no Polígono Lalín 2000 que se saldou cunha persoa ferida. O suceso, tal e como informa o 112 Galicia, tivo lugar sobre as nove da mañá.
"Foi na empresa situada na parcela número 12. Un traballador caeulle un palé na cabeza e estaba sangrando pola cabeza", indica o 112. En concreto, foi nunha empresa cárnica.
Publicidade
Con estes datos, o 112 avisou a Urxencias Sanitarias, ao GES de Lalín e á Policía Local.
Comments