Ecos da Comarca/Arzúa

O 112 Galicia informaba onte, luns, de que un operario pedira axuda desde Cerceda despois de caerlle unha árbore enriba. Finalmente, a vítima que é de Arzúa faleceu no lugar.
Tal e como informa o 112 Galicia "explicou que estaba liberado e accesible, pero lle custaba respirar e tiña a perna rota". Así o expresou a través dunha comunicación que os xestores do 112 Galicia estableceron co ferido despois de que pedise axuda aos profesionais médicos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Os feitos ocorreron ás 12:00 horas, de onte, luns, na parroquia de Xesteda, en Cerceda. Alí, este operario de Arzúa, duns 60 anos, e do sector forestal sufriu un accidente do que el mesmo informou aos servizos de emerxencias. Coa información facilitada, ademais da dotación sanitaria, desde o 112 Galicia activáronse outros medios e recursos como os integrantes do Servizo Municipal de Emerxencias e os axentes da Garda Civil.
Finalmente, e por desgraza, o afectado faleceu no lugar.
Comments