top of page

Un total de oito empresas presentáronse para realizar a reforma do centro de saúde de Rodeiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A actuación foi adjudicada a Servium Sistemas por algo máis de 62.500 euros


Laura Moure/Rodeiro

Un total de oito empresas presentáronse para facer a obra do centro de saúde de Rodeiro e a que maior puntuación obtivo foi Servium Sistemas SL. "O proceso de licitación é público e pódese consultar en calquera momento na páxina web do Concello", sinala o alcalde, Rubén Quintá.


A actuación consiste en varias modificacións. En primeiro lugar, a consulta de pediatría trasladarase á planta baixa, xa que agora está na primeira e hai que subir as escaleiras cas dificultades que iso supón.

Despois, ampliarase o volume do edificio e para iso vaise utilizar o almacén que hai entre o centro de saúde e o edificio do Corroliño. Ademais, cambiaranse as cubertas xa que na actualidade hai filtracións de auga sobre todo na zona de recepción.


Así mesmo, mellorarase o acceso para as ambulancias. "A día de hoxe non poden acceder ao centro polo que anchearase a entrada e eliminarase o desnivel existente e tamén se alongará a marquesina para protexer da choiva aos usuarios das ambulancias", sinala o mandatarios. Ao mesmo tempo substituírase o peche frontal do recinto e as ventás colocándose unhas de dobre acristalamento con roturo de ponte térmico.


Ademais, realizaranse melloras e mantemento do interior do centro : pintado, reforma da instalación eléctrica, acondicionamento do baño da parte alta…

"Finalmente, a raíz da baixa no prezo que ofertou a empresa adxudicataria, o orzamento da obra vai ser de 62.500 + IVE. O centro de saúde é un edificio municipal e polo tanto, corresponderíanos a nós pagar toda a obra pero fomos quen de lograr que a Xunta puxese o 50%", subliña o rexedor.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page