Un total de 60 candidaturas preséntanse nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa
- Laura Moure
- 21 may 2023
- 2 Min. de lectura
Destas só 15 están lideradas por mulleres
Laura Moure/Xeral
Queda unha semana para as eleccións municipais. Ese día os veciños e veciñas decidirán co seu voto quen ocupará as Alcaldías durante os vindeiros catro anos. Todos os partidos apuran estes últimos días de campaña para presentar os seus variados programas e intentar convencer á xente de que eles son a mellor opción. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, que suman 17 concellos, preséntase un total de 60 candidaturas de partidos dispares. E destas só 15 formacións están lideradas por mulleres.

Se falamos por número de listas en concellos onde menos se presentan son en Antas de Ulla e Sobrado dos Monxes, con dúas opcións respectivamente. Mentres na maioría, en concreto en oito municipios, son tres. Falamos de Boimorto, Dozón, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda e Toques. No caso de Arzúa, Lalín e Melide son catro os partidos que optan a gobernar. E onde máis buscan por facerse co poder, cun total de cinco listas respectivamente, é en Agolada, Monterroso, Touro e Vila de Cruces.
Agora se nos centramos nas candidaturas lideradas por mulleres nas comarcas hai unha quincena. Destaca o Concello de Agolada no que se presentan cinco candidaturas e dúas están lideradas por féminas. Elas son María del Carmen Seijas (PP) e Susana Tato (BNG). No concello de Boimorto son tres os partidos que buscan facerse co poder e destes, dous están liderados por María Jesús Novo (PP) e Sandra Sánchez (PSOE). Cabe mencionar que Novo é a actual alcaldesa deste municipio.
No resto de concellos só hai unha candidatura na que está á fronte unha muller: Pilar García (PSOE) en Antas de Ulla; Begoña Balado (PSOE) en Arzúa; Alba Forno (PSOE) en Lalín; Dalia García (PP) en Melide; Rocío Seijas (Independientes por Monterroso) que é a actual mandataria deste concello; Ana Corredoira (PSOE) en Palas de Rei; Cati Somoza (PP) en Rodeiro; Pilar Sesto (PSOE) en Santiso; Erea Rey (BNG) en Silleda; Gemma V. López (PSOE) en Touro e María Manteiga (PSOE) en Vila de Cruces
Mentres en Dozón, O Pino, Sobrado e Toques só optan nestes comicios á Alcaldía homes.
As 60 listas poden consultarse nos seguintes enlaces:
COMARCA DE ARZÚA
COMARCA DE DEZA:
Dozón: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-doz%C3%B3n
Lalín: https://www.ecosdacomarca.com/post/catro-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-lal%C3%ADn
Rodeiro: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-rodeiro
Silleda: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-silleda
Vila de Cruces: https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-vila-de-cruces

COMARCA TERRA DE MELIDE:
Santiso: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-santiso
Sobrado dos Monxes: https://www.ecosdacomarca.com/post/d%C3%BAas-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-sobrado-dos-monxes
Toques: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-toques
COMARCA DA ULLOA:
Antas de Ulla: https://www.ecosdacomarca.com/post/d%C3%BAas-candidaturas-buscan-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-antas-de-ulla
Monterroso: https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-optan-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-monterroso
Palas de Rei: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-optan-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-palas-de-rei

Comments