Un total de 33 persoas entrará no sorteo dunha viaxe ás Illas Canarias do certame Vai de Parroquias
- Laura Moure
- 11 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Este xoves realizarase o sorteo público
Laura Moure/Silleda

Un total de 33 persoas optan ao gran premio do certame Vai de Parroquias, convocado polo Concello de Silleda durante este Nadal ca dinamización do rural como protagonista. Baixo o lema “Vai de parroquias”, propúxose de novo ao público participante visitar as 33 localidades que conforman o municipio silledense, acreditando mediante fotografías cas árbores de Nadal o seu paso polas mesmas.
Publicidade
Todas as persoas que participaron entrarán no sorteo dunha viaxe ás Illas Canarias para 2 persoas, a celebrar no primeiro trimestre de 2024. Dito sorteo público terá lugar este xoves día 11 ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa Consistorial, sendo ademais retransmitido polas Redes Sociais do Concello.
Publicidade
Cada persoa participante ten asignado un número (seguindo a orde de inscrición no concurso), tal e como se establece nas bases.
Publicidade
Este certame, no marco da programación de Nadal, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.
Comentarios