Un total de 30 patrullas do exército súmase aos efectivos antiincendios da Xunta
- Laura Moure
- 29 jul 2023
- 2 Min. de lectura
A súa labor será reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potencias axentes do lume
Laura Moure/Xeral
Un total de 30 patrullas do Exército e dous equipos de mantemento móbil súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes dos lumes forestais. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González que, acompañado por Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presidiu este venres a presentación das tropas da Operación Centinela Gallego, no marco dun convenio entre o Goberno galego e o Ministerio de Defensa.

No acto, o conselleiro destacou que 30 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento
móbil se despregarán nos montes galegos no marco deste operativo, que se renova un ano máis. O obxectivo é que a presenza de medios militares contribúa a atallar lumes e
actividades incendiarias, ao supor un aumento do número de efectivos sobre o territorio, co
consecuente reforzo da vixilancia e da disuasión.
Publicidade
Nesa liña, o titular do Medio Rural lembrou que os efectivos das Forzas Armadas se
incorporan ao operativo co obxectivo de mellorar a seguridade das persoas e dos bens e,
en xeral, a protección e defensa da riqueza forestal da nosa comunidade fronte a ameaza
dos lumes. Dentro deses efectivos, contamos coa Unidade de Investigación de Incendios
Forestais (UIFO), creada no ano 2021, que traballa para esclarecer as circunstancias dos
lumes.
No eido tecnolóxico, o dispositivo conta con drons despregados polo territorio e cámaras
de última xeración na rede de vixilancia fixa, provistas dunha tecnoloxía especialmente
deseñada para exteriores e vixilancia forestal que é capaz mesmo de identificar matrículas
de vehículos nas pistas.
Ademais de agradecer o labor de todos os efectivos contra o lume que operan baixo o
mando único da Xunta, José González aproveitou para volver apelar á prudencia e á colaboración cidadá. Nesa dirección, lembrou que está a disposición da cidadanía o
número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume
forestal. Así mesmo, está dispoñible o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085, para
denunciar calquera actividade incendiaria delituosa da que se teña sospeita ou coñecemento.
Commenti