top of page

Un total de 21 grupos galegos e do País Vasco amenizarán os Cantos de Taberna da Foliada de Melide

Estes serán o primeiro día desta cita, é dicir, o 29 de abril


Laura Moure/Melide

Tal e como xa publicamos hai uns días, Melide celebrará a XVI Foliada o 29 e 30 de abril. Xa durante a presentación do evento adiantaron a programación desta cita que goza xa dunha gran tradición nesta vila. Pero agora a organización desvelou o nome dos grupos que participarán nos Cantos de Taberna. Serán un total de 21 que chegan de distintas zonas de Galicia, pero tamén de fóra da nosa comunidade.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Os Cantos de Taberna desta festividade xa cumpren a súa duodécima edición. Celebraranse dende as 12 da mañá do sábado 29 na Zona dos Viños, levando o canto polo corazón da contorna histórica da vila.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Como vemos estarán grupos de distintas zonas das comarcas como Arzúa, O Pino, Sobrado dos Monxes, Toques, Santiso, e como non, de Melide, pero tamén doutras localidades galegas e tamén do País Vasco. Todas as agrupacións na imaxe:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page