top of page

Un total de 18 decoracións participan na quinta edición do certame #SilledaFaiNadal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Hai 10 participantes na categoría individual, e outras 8 creacións na colectiva, repartidos en diferentes puntos do municipio


Laura Moure/Silleda

O certame #SilledaFaiNadal arrancará a que é xa a súa quinta edición o vindeiro domingo. Logo de pechar a inscrición no concurso de decoración de Nadal, que se vén celebrando cun notable éxito, este ano haberá un total de 18 creacións no concurso: 10 de carácter individual e outras 8 na categoría colectiva. Algunhas delas xa se poden contemplar estes días nas rúas e distintos puntos do rural silledense. Dende o Concello de Silleda vén de elaborar un mapa dixital co percorrido por tódalas creacións dispoñibles que participan no programa #SilledaFaiNadal, entre as que se repartirán máis de 3.000 euros en premios.

O Concello de Silleda convoca novamente este certame a través das concellerías de Cultura e de Comercio, das áreas de Acción Social e Promoción Económica, a fin de promover a creatividade e axudar, ao mesmo tempo, ao comercio e a hostalería local. Esta proposta dun certame de decoración navideña, que acada xa a quinta edición, busca a participación activa da veciñanza e colectivos para infundir un ambiente propio das datas de Nadal en distintos espazos. Os premios, ao igual que o pasado ano, suman un total de 3.175 euros, consistentes en vales para consumir no comercio e a hostalería silledense.


As decoracións serán visibles dende o exterior, e estarán instaladas, como mínimo, dende este domingo día 15 de decembro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2025.


Para a elección dos traballos gañadores, as bases volven recoller a figura do xurado e os votos do público a través das redes sociais. Así, ademais dun xurado formado por membros de colectivos que non participen no certame, o voto será ponderado (ao 50%) cos ‘me gusta’ recibidos por cada traballo nas Redes Sociais oficiais do Concello de Silleda. Para iso, as persoas e colectivos participantes deberán de remitir fotografías (un máximo de 3) ao enderezo electrónico comunicacion@silleda.gal


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A resolución do concurso comunicarase, de ser posible, ao longo do mes de xaneiro. Con este certame búscase reactivar a economía local ao tempo que se premia a creatividade e orixinalidade das creacións, neste caso ca decoración e motivos de Nadal como protagonistas.Iso si, segundo explicou o dono da nave a través do 112 Galicia, debido a previsión da posta en funcionamento de forma inminente, activaron o sistema da calefacción. De momento, descoñecen se este feito foi determinante, pero o certo é que a nave encheuse de fume sen poder identificar a orixe.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page