Un terremoto de magnitude 3,7 con epicentro en Sarria nótase en varios puntos das comarcas
- ecosdacomarca
- 15 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Esta venres rexistrouse ás 16:39 horas un terremoto de magnitude 3,7 que segundo o Instituto Geográfico Nacional (IGE) tivo o epicentro en Sarria (Lugo). Deixouse notar en distintos puntos da comunidade galega e entre eles figuran lugares das comarcas como por exemplo, en Agolada e Santiso.
O112 Galicia rexistrou chamadas de particulares tanto de Lugo como de Vilalba, Becerreá ou Sarria, os cales informaban de que o terremoto durara preto duns 3-4 segundos. Por fortuna, ningún dos alertadores indicou que se producisen danos, tanto materiais como persoais.
Publicidade

"Á miña filla movéuselle a mesita e a porta da habitación retemblou, mentres que eu estaba no comedor e non o percibín", sinala unha veciña da parroquia agoladesa de Eidián.
Publicidade
"Aquí menudo templor!", sinala unha melidense que se atopaba nese momento na parroquia de Belmil, no concello de Santiso.
E ti notáchelo? Onde?
Comments