top of page

Un terremoto con epicentro en Forcarei nótase en outras localidades como Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Entre onte e hoxe producíronse tres sismos na provincia de Pontevedra



Ecos da Comarca/Xeral

O Instituto Geográfico Nacional (IGN) rexistrou hoxe, mércores, un movemento sísmico que tivo o epicentro en Forcarei, pero que se deixou notar en localidades como a dezá de Silleda. Entre onte e hoxe producíronse tres sismos na provincia de Pontevedra.

Fonte: Instituto Geográfico Nacional.

O terremoto con epicentro en Forcarei ocorreu ás 7:56 horas a unha profundidade de catro quilómetros e cunha intensidade de 2,9 mbLg.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cabe mencionar que non foi o único de hoxe en Galicia, xa que tamén se detectou outro e tamén na provincia de Pontevedra, en Campo Lameiro. Tivo unha magnitude de 1,6 e a un quilómetro de profundidade. Sucedeu ás 12:28 horas.


E onte produciuse outro na Lama (Pontevedra) ás 15:25 horas cunha magnitude de 2,4.


0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page