top of page

Un rapaz foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente cun tractor en Carballo

Ecos da Comarca/Xeral

Un rapaz foi evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente cun tractor en Carballo. O mozo quedou atrapado debaixo do vehículo agrícola despois de que este se desprazase accidentalmente nunha leira privada situada en Cances.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 11:40 horas a través da chamada dun particular, que alertaba de que un rapaz fora atropelado por un tractor nunha finca privada da parroquia de Cances, no concello de Carballo. Segundo indicaba, a vítima atopábase inconsciente e atrapada baixo o vehículo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo, informouse aos Bombeiros de Carballo, á Policía Local, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.


Segundo a información facilitada polos equipos de emerxencia desprazados ao lugar, o accidente produciuse cando o condutor do tractor agrícola descendeu do vehículo sen inmobilizalo previamente. Nese momento, o tractor comezou a desprazarse e acabou atropelando ao propio condutor, que quedou atrapado debaixo del.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Á chegada dos Bombeiros de Carballo, o rapaz xa fora liberado. Posteriormente, foi atendido polo persoal sanitario e evacuado no helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page