top of page

Un raio rebentou a estrada que vai de Lebesende a Río, no municipio de Antas de Ulla

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais, houbo caídas de pólas e producíronse inundacións en locais


Laura Moure/Antas de Ulla

A fochanca producida polo raio en Antas.

Esta mañá un raio rebentou a estrada que vai de Lebesende a Río, en Antas de Ulla, tal e como informou o alcalde do municipio, Javier Varela, que pide que se extremen as precaucións.


Sinala que a fochanca ten 40 centímetros de ancho e "unha profundidade dabondo para derramar calquera coche", apunta o mandatario. Ademais, houbo caídas de pólas e producíronse inundacións en locais. "Que afortunadamente, gracias a colaboración dos veciños, xa están arranxados".


Alerta amarela

Cabe mencionar que a Axencia Estatal de Meteoroloxía alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por tormentas e choiva, que se iniciou ás 14:00 horas deste sábado e finalizará ás 00:00 horas e que afectará a toda a provincia da Coruña e ás Rías Baixas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page