top of page

Un programa de promoción da igualdade de COGAMI beneficia a máis de 90 mulleres con discapacidade

Está financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% IRPF


Ecos da Comarca/Xeral

COGAMI está a desenvolver un programa dirixido á promoción da igualdade entre mulleres e homes polo que pasarán máis de 90 mulleres con discapacidade durante este ano. Moitas destas están nunha situación de emerxencia social, enfrontando múltiples factores de exclusión, son mulleres con discapacidade, desempregadas ou con maiores dificultades de inserción derivadas de circunstancias persoais e familiares. A través deste programa proporciónalles o apoio necesario para desenvolver o seu plan vital.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social, este programa ten como obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes, potenciar a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social, ademais de atender a todas aquelas mulleres con discapacidade que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Publicidade

Preme na imaxe para consultar programa e horarios.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As actuacións inclúen información e asesoramento para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que viven situacións de vulnerabilidade ou residen no medio rural, utilizando unha metodoloxía de Atención Integral Centrada na Persoa, que comeza cunha análise de necesidades e desenvólvese cun enfoque comunitario.


O equipo do programa está formado por seis traballadoras sociais localizadas nas instalacións de COGAMI en A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Lugo. A finalidade é fomentar o desenvolvemento máximo das capacidades de cada unha das participantes, mellorando a súa autonomía persoal a través de itinerarios personalizados de intervención social.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page