Un preso intenta fuxir do cárcere de Monterroso
- ecosdacomarca
- 15 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

Onte, martes, produciuse un intento de fuxida no cárcere de Monterroso. O interno intentou escapar, pero non o conseguiu gracias á rápida intervención dos funcionarios.
O preso emprendeu a súa fuxida aproveitando que estaba a ser trasladado para asistir a unha actividade formativa.
Logrou saír do edificio e saltou unha valla, pero antes de que conseguise saltar o muro exterior foi atrapado polos funcionarios.
Trátase dun home novo, en boa forma que xa intentara fuxir doutros cárceres. O interno foi levado a un módulo de illamento e preténdese que sexa trasladado a outra prisión.
Comments