top of page

Un preso do cárcere de Monterroso agrede a dous funcionarios

Ecos da Comarca/Monterroso

O cárcere de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca.

A Asociación Profesional de Funcionarios de Prisiones (APFP), sindicato maioritario na provincia de Lugo, informou dunha agresión ocorrida no cárcere de Monterroso. Dous funcionarios foron atacados por un preso especialmente perigoso e violento. O suceso ocorreu o pasado venres.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os feitos ocorreron cando os funcionarios procederon a facerlle un cacheo e unha requisa na súa celda e o interno empezou a insultalos e a darlles patadas e puñetazos, resultando feridos dous dos funcionarios, que tiveron que recibir asistencia sanitaria.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais o preso tivo que ser derivado a un hospital porque alegou que se tragara unha cuchilla. O sindicato destaca a profesionalidade dos traballadores do centro penintenciario de Monterroso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page