Un peregrino sufre unha caída da súa bicicleta ao seu paso por Melide
- ecosdacomarca

- 14 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este venres un peregrino sufriu unha caída ao seu paso polo concello de Melide. O 112 Galicia foi alertado polo propio afectado ás 16:04 horas.

O home caeu da súa bicicleta na N-547 á altura do quilómetro 52 no Barreiro dirección Santiago de Compostela. "Na chamada indicábanos que era peregrino, que acaba de caer da súa bicicleta e que pensaba que podía ter a clavícula rota", informa o 112 Galicia.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitairas, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Melide e tamén se deu aviso aos Bombeiros de Arzúa.
O peregrino foi trasladado en ambulancia.







Comentarios