Un operario resultou ferido tras caer ao río desde a ponte na que traballaba en Frades
- ecosdacomarca

- 19 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un operario resultou ferido tras caer ao río desde a ponte na que traballaba en Frades. Ocorreu nunha ponte sobre o río Tambre situado na parroquia de Añá, tal e como informa o 112 Galicia.

O particular que alertou ao 112 Galicia era un dos seus compañeiros e indicou que o implicado caera ao río Tambre cando traballaba no lugar. Durante a mesma chamada tamén explicou que o tiñan localizado e que había persoas acompañándoo na parte inferior da ponte á espera da chegada dos servizos de emerxencias.
Publicidade
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil.
Segundo comunicou o persoal sanitario, ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago.







Comentarios