top of page

Un operario foi evacuado en helicóptero despois de ferirse cunha motoserra en Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

Foto arquivo.

Un operario necesitou asistencia ao ferirse nun brazo coa motoserra que manexaba, nunha zona de monte do lugar de Esteba, en Monterroso. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente laboral ás tres desta tarde, a través dunha persoa particular.


A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar dos feitos e no que a persoa foi evacuada a un centro hospitalario.

Para prestar colaboración co equipo médico mobilizado, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Monterroso e dos axentes da Garda Civil. Ademais, informouse aos Bombeiros de Chantada e a Protección Civil da localidade, por se fose precisa a súa intervención.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page