top of page

Un operario foi evacuado en helicóptero ao volcar a máquina elevadora na que se atopaba en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Un helicóptero medicalizado evacuou a un operario que resultou ferido ao caer desde unha máquina elevadora, que envorcou na Rúa da Ponte, en Lalín.

Sucedeu ás 18:15 horas desta tarde. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar da situación do operario.


Decontado, desde o CIAE 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou ao ferido no helicóptero ata o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Ademais, interviñeron neste operativo os axentes da Policía Local e da Garda Civil e o GES de Lalín, tras ser alertados polo 112 Galicia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page