Ecos da Comarca/Touro
Un operario resultou ferido este martes en Touro. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das dúas desta tarde nunha obra no lugar de Quintas, en Touro.
Publicidade
Así o indicaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan en marcha un operativo para a atención do ferido, que se atopaba instalando un tellado cando sufríu o accidente.
En concreto, cortouse no pescozo cunha chapa metálica, e malia que estaba consciente, a lesión requiría a súa evacuación inmediata, polo que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. (Porque a esa hora o da base en Santiago estaba en Lalín atendendo a un camioneiro: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-camioneiro-localizado-tirado-a-car%C3%B3n-do-seu-veh%C3%ADculo-en-lal%C3%ADn)
Publicidade
Ademais dos sanitarios, neste operativo colaboraron os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Comments