top of page

Un novo tractor con desbrozadora súmase ao parque de maquinaria do Concello de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei reforzará o seu parque de maquinaria. O ente local incorporará un novo tractor con desbrozadora cedido pola Xunta de Galicia. Con esta incorporación, reforzarase o servizo de prevención de incendios con máis medios.

O alcalde, Pablo Taboada, recorda a importancia das actuacións de desbroce que son complexas debido ao número de quilómetros de vías municipais cos que conta o municipio, que son desbrozados unha ou dúas veces ao ano en función das necesidades. O rexedor destaca a "importantísima colaboración da Xunta de Galicia con esta aportación de maquinaria, tan necesaria, para o noso concello".

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page