top of page

Un neno Xesús moi especial en Agolada

Chiqui é un can que decidiu instalarse no Belén feito durante un obradoiro da ANPA e que está situado xunto ao consistorio agoladés


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

A entrada do Consistorio de Agolada luce realmente fermosa gracias a todos os adornos navideños cos que conta. Dende o pasado sábado hai un Belén e unha árbore de Nadal feitos e decorados polo participantes nun obradoiro organizado pola ANPA do CEIP de Agolada. Ademais, todo isto se completa cun enorme buzón para enviarlle as cartas de Papá Noel, incluído na programación de Nadal do Concello. Ata aí todo normal! Pero sabedes que alguén se apoderou do Belén? Este foi Chiqui.


Chiqui é un can máis que coñecido por todos os traballadores do Concello, negocios do casco urbano e veciños. É un can de ninguén, pero realmente é un can de todos. Este pobre animal foi abandonado polo seu dono, pero agora dende hai meses vive feliz na Praza do Concello recollendo todos os mimos dos locais de hostalaría, de veciños... porque el tamén recibe a todos con cariño e por iso comida tampouco lle falta!


Pero esta semana decidiu cambiar de fogar así que desterrou a todos aqueles que ocupaban o Belén e quedarse el de dono e señor! "A verdade que é unha cama ben feita!", de seguro que pensou. E que pensarán os cativos? A maioría fixo que están felices de que Chiqui, dalgunha maneira, desfrute da súa creación, tal e como tamén indicou o alcalde do municipio, Luis Calvo, a través do seu perfil de Facebook. Ademais, xa hai máis dunha veciña que reivindica que se lle ceda esta casiña. A ver se chega a un acordo cos seus construtores!



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page