Un motorista ferido en Lalín tras sufrir unha caída
- ecosdacomarca
- 23 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Un motorista quedou ferido tras sufrir unha caída este mércores cando circulaba ao seu paso polo municipio de Lalín, tal e como informa o 112 Galicia. Este foi avisado ás 14:50 horas.

O suceso ocorreu na estrada PO 902, no lugar de Cerredo, na parroquia de Catasós. "Na chamada indicáronos que o motorista estaba ferido, pero non atrapado", puntualiza o 112 Galicia.
Publicidade
Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico e tamén informou aos Bombeiros de Deza. "Tempo despois, indicáronos que fora trasladado, pero que estaba ferido leve", indica o 112 Galicia.
Publicidade
Comentários