top of page

Un motorista trasladado en helicóptero despois de colisionar cun camión en Piñor

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

O accidente de onte. Autor: C.E.

Un motorista foi trasladado en helicóptero logo de colidir cun camión en Piñor onte, mércores. Varias persoas chamaron ao 112 Galicia para informar deste accidente, a primeira delas vinte minutos despois das 20:00 horas. Segundo a información aportada polos particulares, un camión e unha moto colidiran no quilómetro 65 da AG-53 á altura de Piñor. Tratouse dunha colisión por alcalce.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O motorista quedaba ferido e tendido sobre o chan, aínda que non estaba atrapado. Tras isto, desde o 112 Galicia informouse do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, ao GES de Lalín, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Piñor e ao Servizo de Mantemento da autoestrada.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O persoal sanitario, unha vez chegou ao punto, trasladou ao ferido a bordo do helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Para a toma de terra do helicóptero foi necesario cortar os carrís en sentido Santiago ata que se trasladou ao motorista. 



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page