Un motorista sufre unha caída en Melide
- ecosdacomarca
- 25 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 16:44 horas.
Publicidade
Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha caída dunha moto. "O motorista quedou ferido, pero non atrapado", puntualiza o 112.
Publicidade
Ocorreu en pleno casco urbano na Avenida de Toques dirección A Coruña.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias o 112 Galicia avisou a Policía Local, a Protección Civil, á Garda Civil e tamén informou aos Bombeiros de Arzúa.
Commentaires