top of page

Un motorista resulta ferido de consideración despois de sufrir unha caída en Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago


Ecos da Comarca/Silleda

Un motorista resultou ferido de consideración esta tarde en Silleda despois de sufrir unha caída cando circulaba pola parroquia de Manduas.

Foto arquivo.

Sucedeu ás 16:45 horas no lugar da Bandeira, tal e como explicaron os profesionais de urxencias sanitarias aos xestores do 112 Galicia. Debido á gravidade das lesións, provocadas polo impacto, o equipo médico comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender ao ferido. De feito, a aeronave tomou terra no lugar dos feitos poucos minutos despois.

Cómpre indicar que os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contaron co respaldo e apoio dos Bombeiros de Silleda e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, que se desprazaron ao punto nada máis recibir o aviso por parte do 112 Galicia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page