Ecos da Comarca/Xeral
Un motorista foi evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída en Chantada. A aeronave medicalizada con base en Ourense foi a encargada de realizar o traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia.
Minutos antes das 16:30 horas o 112 Galicia tivo constancia dun accidente na LU-P-1809, ao seu paso pola parroquia de Mairiz, pertencente ao concello de Chantada (Lugo). Foi un particular quen alertou aos xestores do 112 Galicia indicando que un motorista caera ao chan mentras conducía o seu vehículo.
Publicidade
Decontado, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os cales mobilizaron o helicóptero ata o punto para o seu posterior traslado.
Publicidade
Cabe destacar que neste accidente tamén foron informados os Bombeiros de Chantada, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Chantada.
Comments