top of page

Un motorista ferido en Lalín nunha colisión entre un coche e unha moto

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O accidente de hoxe en Botos. Autor: Emerxencias Lalín

Este xoves produciuse un accidente no municipio de Lalín no cal se viron implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos despois das 12:00 horas por Urxencias Sanitarias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tal e como informa o 112 Galicia, foi unha colisión entre un coche e unha moto e a consecuencia o motorista quedou ferido leve. O sinistro tivo lugar na estrada PO-534 na parroquia de Botos, preto da rotonda da estación de tren. Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 Galicia deu aviso a Emerxencias Lalín, á Policía Local, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento da Estrada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Emerxencias Lalín informa que resultou ferido o condutor da moto aqueixado de dor na espalda e que foi trasladado polo 061 ao centro médico de Lalín. "Tanto o condutor da moto e único ferido, un home de 76 anos, coma a condutora do coche son veciños de Botos e do mesmo lugar", sinala.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page