top of page

Un monólogo de Leti da Taberna arrinca o mes de novembro do “Outono a escena” de Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será este venres, día 8, con entrada gratuíta


Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a primeira actuación do mes de novembro incluída na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana outonais con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofrece este venres, 8 de novembro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co monólogo cómico Enredada de Leti da Taberna.

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que o público se vexa identificado coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesmo.


Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok. A día de hoxe, acumula decenas de miles de seguidores nas redes sociais, converténdose nunha "taberneira virtual". Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego e conta con milleiros de seguidores en Instagram e Tiktok.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A función comezará ás 21:00 horas e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade. A apertura de portas realizarase media hora antes do inicio. O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “ás veciñas e veciños a participar neste espectáculo que promete unha velada chea de humor e gargalladas”. 

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page