top of page

Un menor ferido de carácter leve nunha colisión entre dous vehículos en Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O suceso tivo lugar esta mañá na rúa Ramón Franco do casco urbano


Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no casco urbano de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado polo servizos sanitarios ás 11:25 horas.


Foi unha colisión entre dous vehículos na Rúa Ramón Franco á altura do número catro. O accidente saldouse cun ferido, concretamente un menor, pero tal e como informa o 112 Galicia presenta feridas, en principio, de carácter leve.


Deron aviso á Policía Local e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page