Un menor chama ao 112 para pedir axuda ante un incendio na súa casa
- ecosdacomarca
- 15 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un menor chama ao 112 para pedir axuda ante un incendio na súa casa, tal e como informa o 112 Galicia. Estaba co seu irmán máis pequeno cando se produciu un incendio, que comprometeu a cociña da vivenda. Ambos os dous tiveron que ser evacuados ao centro hospitalario de referencia por síntomas de inhalación de fume.

De feito, cando chamaron ao 112 preto das 14:30 horas desta tarde, o primeiro que indicaron era que o fume lles impedía saír da casa. Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activaron os protocolos correspondentes para a chegada da axuda. Isto é, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Boiro e Ribeira, membros do GES de Noia e os axentes da Policía Local e Garda Civil.
Publicidade
Os rapaces saíron coa protección dos bombeiros e foron atendidos polo equipo médico, que os trasladaron coa intención de seguir cos coidados necesarios, pois presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación por inhalación de fume.
Publicidade
En canto aos traballos de extinción, os bombeiros explicaron que o lume foi sufocado, pero provocou danos importantes na cociña: ardeu a placa vitrocerámica, campá extractora e mobles do arredor. Cómpre indicar que o suceso produciuse nunha vivenda da Rúa do Outeiro de Abaixo, en Porto do Son.
Comentarios