Ecos da Comarca/Dozón

Os lumes seguen afectando a distintos puntos da xeografía. Nas comarcas, o último é o que afecta ao lugar de Sanguiñedo na parroquia de Dozón (Dozón). Este lume orixinouse ao raíz do iniciado no concello veciño do Irixo (Ourense).
Segundo os medios aportados pola Consellería de Medio Rural este, o do Irixo, iniciouse ás 12:30 horas de hoxe e xa afectou a unhas 240 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan catro axentes, 17 brigadas, dez motobomba, unha pá, oito avións e 11 helicópteros.
コメント