top of page

Un lume forestal afectou hoxe á parroquia arzuá de San Martiño

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 16 ago 2022

Ecos da Comarca/Arzúa



Este mediodía iniciouse un lume forestal no municipio de Arzúa. Concretamente, no lugar de Orxal, na parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño.



Sobre ás 13:30 horas ECOS DA COMARCA atopábase no lugar. Xa dende lonxe víase unha gran fumareda e os veciños empezaron a sacar cos tractores alimento que tiñan para o gando, como bolos de silo, que estaban preto do foco. Tamén outros colleron tractor e cisterna para intentar apagar canto antes o lume.


Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural comezou sobre as 13 horas e deuse por extinguido ás 16:22 horas. Tras a última medición, a superficie afectada foi de 0,27 hectáreas. No lugar traballaron 1 axente, 3 brigadas e 3 motobombas.



Vídeo do incendio. Autor: Ecos da Comarca.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page